Detido en Verín un traficante de droga que se deu á fuga

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo en Verín a un home de 35 anos (R.S.C.O.), veciño de Ourense, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas despois de tentar darse á fuga. Tras pasar a disposición xudicial, o home foi posto en liberdade, pero coa obrigación de comparecer no xulgado cando se lle requira.

Os feitos ocorreron na tarde do sábado, segundo informa a Benemérita, pero os axentes xa realizaran "numerosos servizos" para constatar a presenza dun individuo que posiblemente fornecía sustancias estupefacientes na localidade de Verín, polo que decidiu establecer un dispositivo preventivo nunha rúa céntrica.

Unha vez que os axentes lograron detectalo o sábado, o home deuse á fuga e refuxiouse nun portal. Na súa fuxida, desfíxose dunha pequena bolsa que contiña uns 60 gramos de cocaína, de acordo co relato do Instituto Armado.

O individuo foi detido e posteriormente trasladado ás dependencias da Garda Civil de Verín. Xunto coa droga aprehendida e as dilixencias instruídas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 do municipio, que decretou a súa posta en liberdade.

Droga intervida pola Garda Civil de Verín
Droga intervida pola Garda Civil de Verín | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta