Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2022 | Actualizada ás 19:34
O vicepresidente primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, será a encargada de ler, o 14 de agosto, o pregón das festas patronais do municipio de Betanzos .
Segundo informa o Concello este sábado, Calviño (A Coruña, 1968) aceptou a invitación da alcaldesa, María Barral (PSOE), para oficiar como pregoeira nun municipio co que a vicepresidenta "garda unha relación especial" e que "visita con relativa frecuencia".
Nunha mensaxe nas súas redes sociais, Calviño dixo que é un "orgullo" ser a pregoeira de Betanzos: "Unha cidade coa que tiven fortes vínculos durante toda a miña vida". "Grazas pola invitación, querida alcaldesa", agrega.
Pola súa banda, a rexedora, tamén en redes sociais, explicou que "é unha inmensa honra" que Calviño sexa a pregoeira, como "coñecedora" desta terra e historia. "Un orgullo que unha muller, galega, ministra e vicepresidenta primeira do Goberno sexa a nosa pregoeira", valora Barral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.