As matriculacións caen un 30% en Galicia en xullo, máis do dobre que a media estatal

Foron un total de 1.733,

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 1.733 matriculacións en xullo, o que supón un esborralle do 29,9% en comparación co mesmo mes de 2021, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam).

Concesionario de coches
Concesionario de coches | Fonte: Europa Press.

Este retroceso é máis do dobre da baixada do 12,5% que se computa na media do Estado, cun global de matriculacións de 73.378 turismos e todoterreos.

No acumulado do que vai de 2022, entre xaneiro e xullo, en Galicia vendéronse 12.861 coches, 13,1% menos que no mesmo período do ano anterior. Supón dous puntos máis de caída que a media española (-11%), coa matriculación de 481.135 unidades en total.

A matriculación de vehículos de gasolina redúcese a só 650 en Galicia no sétimo mes, un 38,4% menos, mentres que a de diésel contráese a 324, un 41,6% menos.

Pola súa banda, as vendas de vehículos eléctricos e híbridos tamén descendeu, aínda que a menor ritmo, con 759 unidades, un 12% menos.

No tocante á venda de vehículos comerciais lixeiros, houbo 326 matriculacións en xullo na comunidade galega, un 23% de descenso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta