Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2022 | Actualizada ás 17:24
A presenza feminina toma relevancia este ano no Noroeste, que se celebrará na cidade coruñesa entre os días 10 e 14 de agosto, e que conta no seu cartel con 23 grupos liderados por mulleres dun total de 49.
Nun comunicado emitido pola organización do festival, sinalan que a presenza feminina é "unha aposta necesaria" nesta edición do festival. Así, na programación case a metade dos grupos presentes estarán liderados por mulleres, promovendo un "festival con valores".
Entre as bandas musicais destaca o concerto do grupo de Tanxugueiras, xa que este ano as 'pandereteiras galegas' serán as encargadas de integrar entre o seu público ás persoas xordas.
MOCHILAS VIBRATORIAS
A edición anterior foi a primeira na que se incorporaron mochilas vibratorias para persoas xordas, para axudar á Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo(Acopros). Esta ferramenta é un sistema que permite sentir as vibracións da música, a través da emisión FM, sen fíos, no que se inclúe un receptor a través do cal a persoa xorda --se leva un implante ou audífono con posición T-- poderá conectarse ao audio directamente na súa prótese auditiva.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.