Temas: ACCIDENTE A TOXA

En bo estado os tres tripulantes dunha barca que envorcou na ponte da Toxa

O tres tripulantes dunha barca que envorcou na pasada xornada na ponte da Toxa, no Grove (Pontevedra), atópanse en bo estado, segundo informa o 112.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/08/2022 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

Os tres tripulantes dunha barca que envorcou na pasada xornada na ponte da Toxa, no Grove, atópanse en bo estado, segundo informa o 112.

Foi un particular o que deu a voz de alarma sobre as 19,00 horas deste mércores, dando pé á activación dun operativo de rescate dos tres tripulantes.

Segundo indica o 112, as condicións da zona e os recursos acuáticos do servizo municipal de Protección Civil do Grove facilitaron o rápido acceso aos ocupantes da barca.

Estaban en bo estado de saúde, por iso, descartouse a intervención do equipo médico. Iso si, o 112 avisou a Salvamento Marítimo, que mandou persoal a bordo dunha embarcación, pero bastaron os medios de Protección Civil para recuperar os ocupantes da embarcación.

Illa da Toxa
Illa da Toxa | Fonte: turismo.gal

Temas: ACCIDENTE A TOXA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta