Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 04/08/2022 | Actualizada ás 14:41
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, recoñeceu este xoves que as medidas aprobadas polo Executivo central co obxectivo de aforrar enerxía son "incómodas en moitos casos", pero "necesarias" para que se produza unha "concienciación" no ámbito da eficiencia enerxética.
Antes de reunirse coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas (PSOE), Miñones comparou este paquete de medidas coa Lei Antitabaco, xa que, segundo el, ao principio moitos comercios e bares protestaron no seu día "e agora non se lle pasa pola cabeza a ninguén estar nun bar ou nun comercio fumando".
"Pois vai pasar algo parecido co tema da eficiencia enerxética. Hai que pór todos da nosa parte porque as consecuencias xa as estamos vivindo", lamentou Miñones, explicando que é "unha barbaridade" que haxa seca en Galicia como a que xa se está sufrindo este verán.
Por iso, reivindicou a importancia de tomar medidas e animou ao resto de administracións a que se somen e reduzan o consumo enerxético.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.