Extinguido o incendio da Bola no que resultaron afectados dous brigadistas

CCOO denuncia que a Xunta aposte por "unha subrogación".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 19/08/2022 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio declarado este venres no concello ourensán da Bola, do que tiveron que ser evacuados dous brigadistas debido a un golpe de calor mentres traballaban.

Brigadas forestais e veciños colaboraron no control das lapas dos incendios forestais, lonxe das vivendas, en Cudeiro (Ourense)
Brigadas forestais e veciños colaboraron no control das lapas dos incendios forestais, lonxe das vivendas, en Cudeiro (Ourense) | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Segundo informa Medio Rural, o lume da Bola queimou menos dunha hectárea. Está controlado desde as 17,03 horas tras iniciarse ás 15,18 horas.

Neste lume, iniciado na parroquia de Santa Baia de Berredo, traballan dous avións, un helicóptero, tres motobombas, cinco brigadas e dous axentes.

Por parte de CC.OO. apúntase que estes traballadores forman parte dunha brigada municipal que realizou tarefas de roza pola mañá e despois foi chamada para loitar contra o lume. Por iso, denuncia que a Xunta aposte por "unha subrogación" ao delegar en brigadas municipais tarefas que, ao seu xuízo, deberían formar parte dun mesmo corpo unificado profesional, coa consecuente "precariedade" dos traballadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta