Os e as traballadoras fixas descontinuas da Xunta de Galicia poderán traballar noutras administracións públicas durante o tempo que non o fagan para o goberno autonómico. Así o declarou o Tribunal Supremo tras a denuncia dun traballador en 2019. Con todo, quedan puntos por tratar como a promesa de Rueda de aumentar os meses de contratación para este grupo laboral
  comenta   0
O incendio que arrincou na tarde do luns na parroquia de Herbogo, no concello de Rois, e que a estas alturas se atopa xa baixo control tras calcinar 130 hectáreas, tivo piedade ao chegar a unhas colmeas que se atopaban na aldea de Fufelo, de 12 veciños. "Foi un milagre", contan os veciños ao Galicia Confidencial.
  comenta   0
Preto dun milleiro de brigadistas fixos descontinuos incorpóranse desde este martes aos seus postos por un período de sete meses. Ata agora, desempeñaban o seu traballo durante seis meses, pero este ano ampliará un mes máis o seu servizo. Irán incrementando os seus contratos ata o nove meses en 2026.
  comenta   0
A CIG congratulouse este luns de que, grazas á "presión movilizadora", a administración aceptase estender "a todo o persoal" o acordo de mellora de condicións laborais dos brigadistas que traballan no servizo de loita contra incendios de Galicia.
  comenta   0
A CIG recrimina este anuncio "claramente electoralista" e que o Goberno galego está "constantemente paralizando" as negociacións.
  comenta   0
Insisten en que hai orzamento para contratalos xa pero "logo vemos que se están gastando os fondos públicos en pagar á UME ou ás BRIF que veñen doutras comunidades".
  comenta   0
As voces expertas reiteran a importancia de investir en prevención dos incendios forestais e alertan de que, ante o cambio climático e a probable escaseza de auga no futuro, os lumes serán cada vez máis difíciles de extinguir.
  comenta   2
Centos de voluntarios e de veciñas loitaron estes días, cóbado con cóbado, cos servizos de loita contra os lumes para evitar que arderan os montes e as súas casas.
  comenta   0
A data límite era o 31 de maio, pero "non se puido" iniciar o traballo ata o 16 de xullo. Medio Rural abordará "posibles melloras" despois do positivo en COVID dun brigadista na Cañiza.
  comenta   0
Mobilizados efectivos da UME para loitar contra as lapas. O lume obrigou a desaloxar a algúns veciños en Monterrei e un brigadista foi asistido pola intensa calor
  comenta   0
O fillo da parella foi detido en varias ocasións como presunto autor pero resultou posto en liberdade por falta de probas. Agora, os axentes manexan "novos indicios" que poderían levar ó esclarecemento do caso.
  comenta   0
C@urel Vivo denuncia que o Concello de Folgoso do Courel aínda non convocou ningunha praza de brigadista nin motobomba, a pesar do alto risco de incendios destas semanas.
O alto tribunal insta á Administración galego a convocar "de inmediato" os procesos de pase a esta modalidade, nas mesmas condicións ca o persoal fixo.
  comenta   0
Os traballos terán lugar na Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán (Lousame), que no seu día fora recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente
  comenta   0
A asociación ecoloxista Amigos da Terra denuncia o desmantelamento dos Servizos Forestais Públicos e o continuísmo dunha política forestal que leva sen arranxar o problema do abandono e da xestión forestal desde a chegada da democracia.
  comenta   0
Traballan só tres meses ao ano xogándose a vida nos peores lumes do ano pero, aínda así, son sinalados por parte da clase política cando hai grandes incendios, como os do pasado outubro. David Fernández, bombeiro forestal e membro de ATRIFOGA, di que non se debe apuntar cara a eles, senón cara un dispositivo de loita contra os lumes que "non está dimensionado". "Nós tamén sentimos rabia, dor, tristura pola falla de coordinación", apunta. "O problema dos incendios sófrese, agora, en calquera época do ano", indica nesta entrevista na que acusa á Xunta de non ter o modelo adecuado para facer fronte a esta situación.
  comenta   2
Os comités de Seaga sinalan ao responsable de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, como "o problema" e esixen a súa dimisión, porque "leva 23 anos facendo o que quere" e "repartindo traballo a empresas privadas". Piden ter un dispositivo contra os lumes todo o ano. A Xunta di que prorroga ata o día 12 de novembro o dispositivo antiincendios.
  comenta   8
Os bombeiros forestais din que os militares “non están preparados” para loitar contra os lumes e que “sempre quedan cos camións ás beiras do camiño”. “Se vos fixades os seus traxes están sempre impolutos”, critican.
  comenta   24