Os axentes forestais manifestaranse o día 22 en Vigo e esixen a Feijóo que "tome cartas no asunto"

Censuran a "negativa rotunda" da Xunta ante a demanda de complemento específico e En Marea tacha de "miserable" a última proposta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2018 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Os axentes forestais que se atopan en folga indefinida desde o 1 de agosto manifestaranse o próximo día 22, mércores, en Vigo (19,00 horas) para reclamar que a Xunta atenda ás súas demandas de melloras laborais.

Rueda de prensa de axentes forestais con En Marea
Rueda de prensa de axentes forestais con En Marea | Fonte: Europa Press

Diso informaron este martes en rolda de prensa, após reunirse en Santiago co grupo parlamentario de En Marea, na que C exemplos da precariedade e incumprimentosarlos Sanmiguel (UXT) fixo un chamamento ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que "interveña" e "tome cartas no asunto" para pór fin ao conflito.

CIG e UXT --convocantes da folga-- levantáronse o 6 de agosto da mesa coa Xunta para negociar un novo acordo laboral para os axentes forestais e ambientais da Comunidade, xa que consideran que a oferta presentada era "pírrica". Por iso, están á espera de que Función Pública os convoque a un novo encontro, posto que aseguran que "a pelota está no tellado" da Xunta.

Neste sentido, o deputado de En Marea Davide Rodríguez tacha de proposta "miserable" a última realizada pola Xunta, sen compensacións adicionais con días de descanso nin redución dunha xornada anual de máis de 2.000 horas --cando un funcionario duns corpos xerais fai unhas 1.700--. Por iso, critica que o Goberno galego non busque un acordo a pesar de estar en plena campaña de alto risco de incendios.

Os axentes forestais conta cuns servizos mínimos do 100%, mentres que o paro entre os ambientais foi suspendido por razóns de seguridade, segundo alegaron as organizacións sindicais no seu momento. Son uns 500 funcionarios dependentes das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente.

RECLAMACIÓNS DOS AXENTES

Entre as funcións dos axentes forestais atópanse as de exercer de directores técnicos de extinción de incendios para coordinar os medios e efectivos desde un mando único, así como investigar os lumes forestais. Un colectivo que desempeña o seu labor os 365 días do ano as 24 horas.

Así, levan 11 anos co acordo das súas condicións de traballo caducado, xa que se asinou en 2004 e a súa vixencia tiña tres anos até 2007. Os representantes dos traballadores levan anos reclamando á Xunta a firma dun novo acordo, xa que consideran que ese se atopa "obsoleto".

Entre as demandas que fan estes traballadores atópanse un aumento nas retribucións compensacións do complemento específico adaptadas aos servizos que realizan, en consonancia co establecido para colectivos semellantes na Xunta, pero atópanse coa "negativa rotunda" de Función Pública.

Piden un calendario de quendas que permita a conciliación da vida laboral e familiar --cun horario de 10 horas máximas pola mañá e de oito para as noites--, unha subida de nivel --até o 20-- que se corresponda coas responsabilidades que desempeñan, así como un plan de formación.

INCUMPRIMENTOS

Así mesmo, José Manuel Couselo (CIG) censura que "a día de hoxe non existen" as Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) comprometidas por Feijóo após a vaga de lumes de outubro, xa que non están en todos o distritos e nos que hai só están conformadas por unha persona.

Outros exemplos da precariedade e incumprimentos que padece este colectivo é que teñen retribucións sen cobrar desde 2017, explica Carlos Sanmiguel.

Ademais, contan co mesmo uniforme desde hai unha década, desde que o goberno bipartito comprou os que levan en 2008, mentres traballan con vehículos "destartalados". A pesar de entregar a Xunta 36 vehículos novos este verán, aínda hai "centos de coches" en malas condicións, pois algúns nin contan con aire acondicionado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta