Por Xurxo Salgado | Compostela | 21/10/2017 | Actualizada ás 20:35
“Serviron de algo os militares da UME?”, foi a pregunta que se lle fixo aos distintos membros de emerxencias que este venres se xuntaron en Galicia para denunciar a descoordinación na vaga de lumes que afecta a Galicia. “Non serven para nada. Só veñen para a foto”, espetaba Josefat Puente, un bombeiro forestal contratado por Seaga.
De feito foi máis alá e asegurou que, desde o seu punto de vista, os militares non deberían estar para sufucar lumes. “Ese non é o seu cometido. Non están preparados para iso. O seu é o tema militar”, indicaba Puentes. E sen conterse espetaba “pero vós fixadevos onde andan sempre... Sempre nas estradas, nos camiños, non van máis alá de onde lle dean as mangueiras, por iso os seus traxes aparecen sempre impolutos”. “E logo, ademais, cobran un pastón”, concluía.
Estes días foron 700 efectivos da UME os que foron despregados en Galicia para conter os incendios. 540 deles estaba xa o domingo, o día crítico dos lumes, e outros 160 se incorporaron nos días seguintes. Contaron, para a súa actuación, con 130 vehículos, 3 helicópteros e 4 avións.
Na visita que o martes realizou Mariano Rajoy a Galicia apareceu rodeado de militares da UME. Con todo, en ningún momento se lle viu rodeado doutros equipos ou servizos de emerxencia. “E que vanlle moito as fotos”, ironizaban os brigadistas ao respecto.
Outras polémicas
A relación entre UME e outros servizos de emerxencia, principalmente, bombeiros e brigadistas non é moi fluída. Hai dous anos xa houbo unha forte polémica entre integrantes da UME e bombeiros forestais a conta dun vídeo e dunhas fotografías nas que se podía ver a un suposto militar da Unidade Militar de Emerxencias bebendo e bailando nunha festa mentres ardía un monte.
“Nosotros hacemos nuestra labor que es luchar contra los incendios forestales. Acudimos cuando una Comunidad Autónoma nos llama”, apuntaron entón desde a Unidad Militar de Emergencias en declaracións a GC, mentres que había duras críticas no perfil oficial de FB de Bombeiros Forestais de Galicia pola actitude de certos integrantes deste corpo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.