Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2024 | Actualizada ás 15:20
A reserva dos encoros galegos sitúase en 2.205 hectómetros cúbicos, o 59,4 % da súa capacidade, o que supón un lixeiro descenso de catro décimas respecto da semana pasada, segundo os datos que publica o Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes. Este recorte prodúcese pola baixada dos encoros das concas do Miño e o Sil, os máis caudalosos, ao quedar en 1.719 hectómetros cúbicos (35 menos que fai sete días), ata baixar ao 56,7 %. Supón unha cantidade menor que o ano pasado, pero está por enriba da media dos últimos 10 anos.
En cambio, a auga embalsada en Galicia Costa vai á alza ao alcanzar os 486 hectómetros cúbicos (17 máis que a semana anterior), cunha reserva no 71,1 %, case 15 puntos maior que Miño-Sil. Non entanto, trátase de menos que nas mesmas datas de 2023, aínda que por enriba da media da década. As precipitacións foron abundantes na vertente atlántica e escasas na mediterránea na última semana. A máxima produciuse en San Sebastián, con 97,3 litros por metro cadrado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.