Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2024 | Actualizada ás 20:00
A Consellería de Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección de dous exemplares de aves silvestres afectados pola gripe aviaria, con resultados confirmados en laboratorio. En concreto, segundo informa a Xunta nun comunicado, trátase dunha gaivota patiamarela atopada en Marín, e dun alcatraz achado na Coruña. Ambos foron trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade. Con estes dous casos, son 21 os confirmados en Galicia durante o 2024. Ambos os cadáveres elimináronse conforme á normativa en vigor.
A Consellería precisa que como a valoración de risco de influencia viaria a nivel do Estado tampouco rexistrou variación respecto de meses anteriores non existen medidas adicionais e mantéñense unicamente en Galicia certas actuacións de prevención sanitaria en sete concellos da provincia e que pertencen á denominada Zona de Especial Risco (Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa). Tamén incide na importancia de implementar as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, de calquera tipo, tanto comerciais como particulares, especialmente aquelas destinadas a evitar o contacto con aves silvestres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.