Por E.P. | A Coruña | 19/08/2022 | Actualizada ás 19:35
O comité de empresa da planta de Nostián instou o goberno local da Coruña a sacar a licitación o novo contrato e os pregos de condicións, despois de que a actual concesionaria, lembra, rematara o contrato que tivo durante 20 anos.
Sostén tamén que a planta de reciclaxe de Albada "non recicla e manda todo ao vertedoiro". Así mesmo, denuncia que "non hai ningún traballador ou traballadora recuperando nas cintas".
"Falta persoal e a empresa nin sequera cubriu os postos de traballadores que se xubilaron", sostén o presidente do comité, Hadrián Canosa, que asegura que alude aos problemas de reciclaxe, pero tamén "ás consecuencias económicas que ten para os traballadores e o propio concello".
Pola súa banda, o comité de empresa da recollida de residuos sólidos urbanos na Coruña, a cargo de Prezero, asegura tamén que "non se está cumprindo o prego de condicións tanto cos medios materiais que debería ter para prestar os servizos como tampouco en número de traballadores que se necesitan para desenvolver o devandito traballo". En concreto, apuntan que faltan "vehículos recolectores novos" e uns 30 operarios "para alcanzar minimamente unha operatividade no servizo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.