Por E.P. | MADRID | 25/08/2022 | Actualizada ás 12:10
'Alcarràs', de Carla Simón, 'As Bestas', de Rodrigo Sorogoyen e rodada en parte en Galicia e 'Cinco lobitos', de Alauda Ruiz de Azúa, son as tres películas que optarán a representar a España na próxima edición dos Óscar, a número 95, na categoría de Mellor Película Internacional.
A actriz María Pedraza anunciou a este tres películas preseleccionadas, acompañada polo presidente da Academia Fernando Méndez-Leite e a notaria Eva Fernández Medina. Os académicos elixiron as cintas de entre 42 longametraxes estreadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2022.
O próximo 13 de setembro anunciarase o título que finalmente representará a España nos premios da Academia de Hollywood. "Foi unha elección difícil dentro dun bo ano", explicou o presidente da academia, Fernando Méndez-Leite.
O ano pasado a candidatura española recaeu en 'El buen patrón', de Fernando León de Aranoa, que non conseguiu entrar nas cinco finalistas dos Óscar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.