Xuventudes Socialistas quere incidir nas estratexias de comunicación de cara ás municipais

Organiza unha Escola de Verán, con participación de alcaldesas e edís

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Xuventudes Socialistas de Galicia presentou este venres a súa Escola de Verán, que se celebrará os días 3 e 4 de setembro na Coruña, segundo informaron os seus responsables, en rolda de prensa. O programa contará coa participación de alcaldesas, concelleiras e persoas expertas en comunicación.

Eduardo Astray, secretario xeral de Xuventudes Socialistas na Coruña, reivindicou a esta formación como clave "para unha acción política que incida de forma positiva na vida da cidadanía"

Pola súa banda, a coordinadora provincial, Paula Castiñeiras, destacou un programa que busca formar á militancia "en cuestións municipais coa finalidade de integrarnos nas listas para as próximas eleccións locais de 2023".

Pola súa banda, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, apuntou ás iniciativas das Xuventudes Socialistas, co apoio do partido, "xa que os mozos son o futuro e o presente do país". Tamén aludiu á política como unha "ferramenta" para cambiar a sociedade.

Representantes de Xuventudes Socialistas, xunto ao secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage,en rolda de prensa. XUVENTUDES SOCIALISTAS
Representantes de Xuventudes Socialistas, xunto ao secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage,en rolda de prensa. XUVENTUDES SOCIALISTAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta