Unha tubaxe de auga provoca unha loita de Ares, Fene e Mugardos contra Ferrol

Presentaron un recurso contencioso administrativo contra o Concello de Ferrol, ao que acusan de non atender a súa demanda de reparación da tubaxe de subministración de auga que utilizan todos eles para abastecerse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2022 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

Os concellos de Ares, Fene e Mugardos presentaron un recurso contencioso administrativo contra o Concello de Ferrol, ao que acusan de non atender a súa demanda de reparación da tubaxe de subministración de auga que utilizan todos eles para abastecerse.

Segundo o escrito, ao que tivo acceso Europa Press, os municipios demandantes requiriran o 19 de novembro de 2021 ao Concello de Ferrol "a reparación e mantemento da tubaxe mestra que distribúe a auga a Ares, Fene e Mugardos, fornecendo auga potable, ao seu paso pola ponte das Pías, que se atopa nun estado moi deteriorado e que ameaza con rotura". Segundo ese mesmo documento, "o requirimento non foi obxecto de resolución expresa" polo que entenden "a súa desestimación por silencio negativo".

Esta situación motivou que os concellos, presididos por rexedores socialista, nacionalista e popular, por esta orde, decidisen levar este asunto á xustiza, ao entender que desde o Concello de Ferrol están "a vulnerarse os dereitos dos concellos reclamantes".

Esta demanda chega tras constatarse hai varios anos que o estado que presenta a tubaxe pola que se abastecen estes concellos de auga é pésimo, tal e como recollen varios informes, e que ademais perde unha gran cantidade de auga que é vertida de maneira directa á ría de Ferrol.

Desaugue de lixiviados ao regato Aufín, a tubaxe vén desde o vertedoiro
Desaugue de lixiviados ao regato Aufín, a tubaxe vén desde o vertedoiro | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta