Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 13:49
O despacho de Xoán Antón Pérez-Lema Avogados e Consultores, en colaboración con Durán&Durán Avogados, presentou recurso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos contra a sentenza que impide a afectados pola resolución do Banco Popular reclamar compensación ao Santander.
En concreto, o recurso preséntase contra o fallo do 5 de maio do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que afecta a persoas que sufriron perdas pola resolución do Popular e que recibiron información defectuosa na adquisición de títulos.
"Entendemos que está en xogo o dereito á tutela xudicial efectiva dos accionistas da ampliación de capital de 2016 no Banco Popular", destacan os avogados.
O recurso presentado ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos diríxese contra o Reino de España e os outros 26 Estados membro da UE, "debido á responsabilidade dos Estados para facer efectivo o cumprimento do Convenio Europeo de Dereitos Humanos".
En paralelo, o despacho Pérez-Lema Avogados continúa exercitando as accións penais correspondentes contra o consello de administración de Banco Popular no procedemento que se está sustanciando no xulgado central de instrución número 4 de Madrid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.