Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 14:54
Unha deflagración rexistrada este martes nun baixo comercial en Vilagarcía de Arousa, saldouse con danos materiais, e sen que haxa que lamentar persoas feridas, segundo informou o 112 Galicia.
Os feitos ocorreron sobre as 11,00 horas, cando unha veciña da rúa Castelao chamou a Emerxencias tras decatarse de que podería estar a se producir un incendio nun baixo comercial desa mesma rúa.
Tras comprobar que non había ninguén ferido, solicitouse a intervención dos bombeiros de Vilagarcía e do Servizo Municipal de Emerxencias. No operativo tamén colaboraron efectivos de Policía Local e de Policía Nacional.
Unha vez finalizadas as tarefas de extinción do lume, comprobouse que se produciu unha deflagración na tenda, cando se estaban facendo traballos de soldadura dun patinete eléctrico. Dita deflagración provocou danos no escaparate e na porta de acceso do local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.