Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/10/2022 | Actualizada ás 13:56
Os portavoces municipais do PP e do BNG no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo e Francisco Jorquera, respectivamente, demandaron á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que a presenza do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na cidade herculina, con motivo do cume hispano-alemá, sirva para demandar investimentos para a cidade.
En rolda de prensa, e de face á reunión programada, antes, da rexedora co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, Miguel Lorenzo pediulle a Inés Rei lealdade institucional. No caso de Sánchez, instoulle a reclamar investimentos para a cidade.
Pola súa banda, o portavoz municipaldel BNG, Francisco Jorquera, ha asgurado, en relación ao cume, que "o liderado en defensa da cidade pasa por algo máis que por ser anfitrións".
En relación ao encontro con Rueda, pediulle que demande un "maior esforzo investidor da Xunta", mentres que do Goberno central apelou a pedir "a condonación da débeda do porto, a implantación de servizos ferroviarios, a modernización da liña ferroviaria entre A Coruña e Ferrol e a devolución ao Concello dos terreos e instalacións titularidade do Estado en desuso ou infrautilizados", enumerou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.