Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2022 | Actualizada ás 20:54
Tras o encontro celebrado este venres entre as dúas líderes políticas Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Mary Lou McDonald, presidenta do Sinn Féin, este sábado a eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, representa á formación no seu congreso anual.
"Queremos mostrar a nosa solidariedade internacional para que se manteñan os acordos de Venres Santo", destacou Miranda, en referencia ao acordo de paz asinado en Belfast en 1998 entre o Goberno británico e o irlandés.
A xustiza social, o dereito de autodeterminación, os dereitos dos pobos e o internacionalismo son algúns dos temas que a coordinadora de Relacións Internacionais do Bloque abordará nas reunións que manterá ao longo da xornada, e que servirán oara estreitar as relacións entre o BNG e o Sinn Féinn. Entre as reunións celebradas destaca o encontro das diferentes delegacións internacionais asistentes ao congreso, que foron recibidas por presidenta Mary Lou McDonald.
Ademais, segundo informa o Bloque, Ana Pontón e Ana Miranda mantiveron unha reunión coa exeurodiputada e actual responsable do Sinn Féin para Europa, Martina Anderson, con quen o BNG desenvolveu diversas iniciativas na Eurocámara, sobre todo en relación á defensa dos dereitos humanos e o internacionalismo, e que recentemente estivo de visita en Galicia percorrendo a Costa da Morte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.