Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/11/2022 | Actualizada ás 10:14
A Rede da Marea Atlántica proclamou formalmente os resultados das primarias celebradas entre o 5 e o 7 de novembro, que ratifican ao exdiputado autonómico Xan Xove como candidato á Alcaldía da Coruña nas eleccións municipais de 2023, xunto coas persoas que ocupan o dez primeiros postos da lista electoral.
Como parte deste proceso, ademais, Xove pasará a formar parte da Coordinadora da Marea Atlántica, o órgano que se ocupa das tarefas do día a día da organización, segundo informa o partido instrumental.
O candidato agradeceu o apoio recibido e asegurou que asume "ilusionado o reto de recuperar o Concello da Coruña para un proxecto imprescindible e insubstituíble, o da Marea Atlántica, que seguirá facendo unha cidade máis xusta, verde, feminista e democrática".
Xan Xove é natural da Agra do Orzán e veciño de Labañou. É titulado en Traballo Social, carteiro e delegado sindical en Correos. Foi deputado no Parlamento de Galicia na pasada lexislatura e participou na loita contra o servizo militar obrigatorio e en movementos como 'Nunca Máis', entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.