Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2022 | Actualizada ás 10:51
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) manifestou o seu respaldo a que Antonio Garamendi continúe á fronte da patronal estatal a partir da próxima asemblea electoral que terá lugar o próximo 23 de novembro.
Nun comunicado emitido este mércores, a organización que encabeza Juan Manuel Veites reivindica a figura do actual presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) como a adecuada para "impulsar o desenvolvemento, a competetividade e o crecemento das empresas españolas".
A CEG subliñou o "inestimable valor" de Garamendi "para defender e represenatar os intereses empresariais nunha complicada conxuntura económica e empresarial de crise" provocada pola pandemia, a escaseza de subministracións, a enerxía ou as materias primas.
Tamén incide na "gran capacidade de diálogo" demostrada polo presidente durante a súa etapa á fronte da patronal, o que lle converte a xuízo da CEG "no mellor candidato" para renovar o cargo.
Ante o novo conclave dos empresarios españois, a CEG apela a "manter e reforzar a unidade e forza da representación empresarial para afrontar os desafíos actuais das compañías, o mercado laboral e o conxunto da economía nacional".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.