Marea Atlántica insta a aprobar un modificativo de crédito para que as entidades sociais "non queden sen convenios"

Fala de "remedio de urxencia" para entidades sociais, culturais, veciñais e deportivas.

Por E.P. | A Coruña | 12/12/2022 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A Marea Atlántica mostrou a súa disposición para aprobar un modificativo de crédito que garanta que as entidades sociais "non queden sen convenios". Así o manifestaron, nunha rolda de prensa, o candidato á Alcaldía da Marea Atlántica, Xan Xove, e a portavoz municipal, María García, en alusión ás entidades sociais, culturais, veciñais e deportivas.

A portavoz municipal da Marea Atlántica, María García, e o candidato á Alcaldía por esta formación, Xan Xove
A portavoz municipal da Marea Atlántica, María García, e o candidato á Alcaldía por esta formación, Xan Xove | Fonte: Marea Atlántica.

"Mostramos a nosa disposición para aprobar este remedio de urxencia, xa que a alcaldesa aínda non presentou un proxecto nin comezou a negociación política para uns novos orzamentos", explicou Xan Xove ante os medios de comunicación.

Por outra banda, sostivo que a Marea Atlántica segue aberta a negociar uns orzamentos para o próximo ano. "Pero estamos ante un goberno local descentrado, que nin executa os orzamentos en vigor, nin cumpre os acordos, nin formula un novo proxecto orzamentario", manifestou.

Á súa vez, María García lamentou que o goberno local non estea "ao que ten que estar". "Como proba que mañá teñamos un pleno ordinario e só vaian dous asuntos executivos: o axuste do IBI para un equipamento concreto e o informe anual obrigatorio", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta