Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 13:00
O prezo do peixe e do marisco irá subindo "a medida que se alcance a Noiteboa", segundo as previsións que fai o patrón maior de Burela e presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero.
Non dubida de que os custos destes alimentos "serán como todo o Nadal", posto que seguirán con esta tendencia á alza conforme chegue o 24 de decembro, "que é cando se baten os prezos todos os anos".
Xa de cara a fin de ano, augurou que eses valores "baixarán", aínda que todo "vai depender de se temos bo ou mal tempo". "Aquí no norte está a facer bo tempo, o que facilita esa subministración de peixe que, se sobe, non subirá tanto coma se hai mal tempo", estimou o patrón maior de Burela.
Otero tamén puntualizou que o incremento de prezos tamén o marca a ponte da Constitución, "porque a xente se tira a comprar peixe e marisco". En calquera caso, aínda que o mes pasado "o quilo de nécora estaba a 30 euros o quilo e o de centolla a 40", augurou que estas cifras se incrementarán ao longo da próxima semana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.