O período medio de pago a provedores sitúase en 16 días en outubro en Galicia

Só Extremadura paga máis rápido. Galicia paga en pouco máis de 16 días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2022 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

Galicia pechou o mes de outubro como a segunda autonomía que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura, segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Facenda.

Así, o período medio de pago rexistrado foi de 16,19 días, case 14 menos que a media das autonomía (30,08). Tamén se situou máis de 13 días por baixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, o cociente débeda/PIB de Galicia situouse en outubro no 0,31%, por baixo da media, que foi do 0,34%. A do conxunto de comunidades era de 4.519 millóns, dos que 213, o 4,7%, corresponden a Galicia.

Por mor desta información, a Consellería de Facenda reivindica que os dtaos "volven ratificar que a comunidade continúa neste 2022 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á administración galega".

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda Valenzuela, preside o Consello da Xunta
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda Valenzuela, preside o Consello da Xunta | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta