Unha obra de Xosé Antón Cascudo sobre a cuestión de xénero, Premio Ramón Piñeiro 2022

"A mística da feminidde en Mad Men", resultou gañadora do certame.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/12/2022 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A obra "A mística en Mad Men", de Xosé Antón Cascudo, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022. O ensaio premiado nesta XXII edición do Premio Ramón Piñeiro, está dotado con 3.000 euros e será publicado durante o próximo ano. Compuxeron o xurado Rocío Carolo, Marcos Calveiro, María López Sández, Marta Neira e Armando Requeixo, que actuou como secretario con voz e con voto.

O escritor Xosé Antón Cascudo
O escritor Xosé Antón Cascudo | Fonte: Distrito Xermar

O xurado valorou en "A mística da feminidade en Mad Men" a súa aposta polo ensaio dende a análise semiótica do audiovisual máis icónico, no que se estuda a cuestión de xénero integrando na revisión o mellor das análises e do pensamento sobre o tema.

Escrito cun estilo ensaístico moi ben perfilado, posuidor dunha estrutura acaidamente arborada, "A mística da feminidade en Mad Men" achega, e amosa, "unha proposta ensaística que conecta co máis destacado dos estudos internacionais neste ámbito, reflexionando sobre a construción do socioidentitario a través dunha das series máis recoñecidas e influíntes do noso tempo", segundo indica a organización do premio nun comunidado.

O autor do ensaio, Xosé Antón Cascudo (Guitiriz, 1976) é profesor de Xornalismo na USC, ademais de poeta (publicou en 2007 Manual do misántropo en Espiral Maior) e director de documentais. Licenciado en Historia da Arte, é tamén doutor en Filosofía e un dos máis estimados estudosos galegos do eido audiovisual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta