Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2022 | Actualizada ás 20:35
Institucións Penais decidiu trasladar de prisión ao presunto agresor sexual de nove menores de 16 anos en Ourense, que ingresara no cárcere do Pereiro de Aguiar o pasado 16 de decembro.
Segundo fontes consultadas por Europa Press, o reo foi trasladado desde este centro penal á prisión pontevedresa da Lama durante a pasada semana, polo que apenas estivo unha semana no penal ourensán.
O xulgado de instrución número 1 de Ourense enviárao a prisión provisional comunicada e sen fianza o pasado 16 de decembro como investigado por delitos continuados contra a liberdade sexual.
Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaran a Europa Press o ingreso en prisión deste mozo, cuxas vítimas son menores de 16 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.