Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 18:56
Os animalistas da Fundación Franz Weber alertou este luns sobre "a volta dos 'Campionatos de caza de raposos' a Galicia", unha práctica contra a que recolleron 75.000 firmas.
Segundo dixo a Fundación nun comunicado, "a pesar da súa presenza no calendario de competicións deportivas que cada ano debe aprobar a Secretaría Xeral para o Deporte, estas convocatorias carecen dos mínimos datos necesarios para tomar medidas de seguridade cidadá, como podería ser a sinalización dos espazos designados, o seu horario e a posible asignación de recursos como efectivos da Garda Civil".
Os animalistas aseguran que estas convocatorias "son incompatibles co uso e goce do medio natural por parte do conxunto da sociedade galega, en especial as familias" e, ademais, "supoñen un devastador impacto para os ecosistemas a través das decenas de disparos con munición de chumbo que se realizan ou do acoso a outras especies, non só o raposo".
A ONG formulou fai xa máis dun mes unha solicitude de información para coñecer o número de raposos tiroteados nos últimos anos, co obxectivo de analizar o papel da caza sobre os ecosistemas da comunidade. A día de hoxe non recibiron resposta algunha da Xunta, afirman.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.