Inundadas dependencias municipais no Concello de Pontevedra

Tiveron que intervir os bombeiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Os bombeiros de Pontevedra tiveron que intervir á primeira hora deste luns por unha pequena inundación rexistrada no segundo soto das oficinas do Concello, no número 30 da Rúa Michelena.

A portavoz do goberno local, Anabel Gulías, restou importancia ao incidente que se produciu "durante a noite polas choivas que caeron". Este edificio dispón dun depósito de retención de auga que desbordou ao non funcionar correctamente o sistema de bombeo.

Unha avaría no cadro eléctrico, "probablemente por unha subida de tensión", foi a causante de que non se activasen as bombas de achique. Foi necesaria a intervención dos bombeiros e dos servizos técnicos municipais para baleirar ese depósito de auga. Tamén se procedeu ao secado do piso afectado pola inundación. Non se rexistraron danos materiais significativos.

Bombeiros achicando auga tras unha inundación
Bombeiros achicando auga tras unha inundación | Fonte: V.V. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta