Manteñen aberta a investigación polo veciño desaparecido en Mazaricos en decembro

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/01/2023 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

A investigación polo veciño desaparecido en Mazaricos en decembro, Antonio Tuñas, prosegue aberta, segundo ratificou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

"É algo no que se está investigando, apareceu o vehículo e estase facendo todo o seguimento", explicou, a preguntas dos xornalistas. "É unha investigación aberta e polo momento non podemos adiantar nada máis", apostilou.

Por outra banda, dixo que lles preocupa "como calquera outra desaparición e estamos a pór os medios necesarios para atopalo". "E agardamos que do mesmo xeito que sucedeu na Mariña lucense a semana pasada, que se resolveu de forma positiva, se resolva tamén este caso", apostilou.

"No momento que existe unha desaparición pomos todos os medios para tratar de localizalo e despois estamos abertos a toda hipótese posible", recalcou.

Antonio Tuñas, veciño de Mazaricos desaparecido
Antonio Tuñas, veciño de Mazaricos desaparecido | Fonte: SOS DESAPARECIDOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta