Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 12:56
As dúas persoas que se achaban no interior dunha casa na Pobra de Trives, en cuxo garaxe se produciu un incendio, foron trasladadas por inhalación de fume. Segundo informa o 112, foron evacuadas por membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives ao centro sanitario da localidade. Tras recibir asistencia sanitaria, retornáronos ao seu domicilio.
Foi un dos particulares implicados o que, ao fío das 00,45 horas, informou ao 112 Galicia de que o seu garaxe, situado na Rúa San Bartolomé (A Pobra de Trives), estaba cheo de fume. Desde o 112 informouse de inmediato aos axentes da Garda Civil, ao GES de Castro Caldelas e aos voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives.
Pouco despois da súa chegada, os membros do GES conseguiron controlar o lume, dándoo por extinguido minutos antes das 2,00 horas da madrugada, tras o que fixeron balance dos danos: as chamas queimaron o teito do garaxe, leña, e diferentes bens materiais que se atopaban no interior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.