Outro causa arquivada á xuíza Pilar de Lara

Desta volta era por contratos municipais adxudicados na CoruñaEntre os investigados, estaba o exedil socialista José Nogueira.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 18/01/2023 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 1 da Coruña arquivou unha parte da causa coñecida como 'Pikachu' --rama coruñesa da operación 'Pokemon'--, aberta pola xuíza Pilar de Lara en relación con contratos municipais adxudicados na Coruña.

Segundo recolle o auto, ao que tivo acceso Europa Press, acorda o sobresemento provisional por entender que no presente momento "non existen indicios bastantes de que os feitos sexan constitutivos de infracción penal", en referencia aos delitos de suborno e tráfico de influencias.

Tamén o fai por entender que, en todo caso, estará prescrita a posibilidade responsabilidade penal das persoas implicadas na investigación, que se remonta a fai dez anos.

O sobresemento afecta, entre outros, ao exconcelleiro socialista José Nogueira e a varios funcionarios municipais pola adxudicación de contratos no centro Ágora na Coruña, a unha empresa integrada no grupo Vendex.

A ex-titular do Xulgado de instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara
A ex-titular do Xulgado de instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara | Fonte: Europa Press.


No auto, incídese tamén en que persoas que formaban parte da mesa de contratación non declararon como investigados "e dado o tempo transcorrido, máis de 10 anos, tales feitos estarían prescritos respecto dos mesmos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta