Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2023 | Actualizada ás 20:50
Un condutor de 39 anos foi detido despois de protagonizar unha persecución nas rúas de Ourense, polas que circulou a gran velocidade escapando da Policía Local despois de ser visto realizando derrapes nas inmediacións da praza Bispo Cesáreo.
O home, veciño da cidade de Ourense e que circulaba baixo os efectos de alcol e drogas, foi avistado por unha patrulla da Policía Local ás 03,30 horas realizando manobras temerarias, polo que tentaron sen éxito interceptalo.
O condutor iniciou unha fuga pola rúa Progreso para virar a continuación en dirección contraria pola rúa Parada Justel. Por mor desta conduta, a Policía Local activou un dispositivo con varias dotacións implicadas para tratar de interceptar ao invididuo.
A persecución continuou polo barrio do Couto, onde o fuxido circulou a gran velocidade sen repetar en ningún momento a sinalización. Alcanzou a N-525 para, posteriormente, regresar ao Couto e ser interceptado por varias patrullas que lograron pecharlle o paso na rúa Jesús Soria.
Alí, sen escapatoria, o condutor resistiuse a abandonar o seu vehículo e a ser detido polos axentes, dous dos cales resultaron lesionados de forma leve. O individuo deu positivo en drogas e alcol, nesta última, dúas veces máis da taxa permitida
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.