"Cordadas, trasnadas camiño do cumio!", primeiro xogo de cartas en galego sobre escalada e alpinismo

A súa creadora, Muki, comenta que decidiu «unir dúas das súas paixóns, a montaña e os xogos, e desenvolver un xogo de cartas de escalada e alpinismo».

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/02/2023 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Unha veciña da Pobra do Brollón lanza o primeiro xogo de cartas en galego de temática
montañeira: Cordadas, trasnadas camiño do cumio! Hoxe comeza a campaña de crowdfunding desde onde se pode conseguir o xogo, ademais doutras recompensas e descontos.

Cordadas
Cordadas

Cordadas é un xogo de 2 a 6 xogadores, en galego e castelán e, aínda que a temática sexa a
escalada e o alpinismo, calquera pode xogar porque se basea nun código de cores.
En Cordadas, a xogadora é unha intrépida alpinista ou escalador que ten o obxectivo de chegar ao cumio levando todo o material que precise.

Hai cartas de material de escalada clásica, escalada deportiva e alpinismo. O resto dos xogadores tentarán que os contrincantes non acaden o seu obxectivo por medio de cartas de trasnadas e de meteoroloxía adversa.

A súa creadora, Muki, comenta que decidiu «unir dúas das súas paixóns, a montaña e os xogos, e desenvolver un xogo de cartas de escalada e alpinismo». A idea orixinal, os debuxos e os deseños das 80 cartas que forman o xogo son todos de creación propia.

Pódese atopar máis información sobre o xogo na web de Verkami e no perfil de Instagram
@muki_xogos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta