Rosa Quintana di que Galicia exerce as súas "competencias" coa Lei do Litoral

"É perfectamente constitucional", dixo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, insistiu en que a Lei de ordenación do litoral de Galicia que prepara a Xunta é "perfectamente constitucional". "Buscamos exercer as nosas competencias, ordenar o litoral e dar seguridade xurídica", resumiu.

En declaracións aos medios antes da reunión do Consello de Pesca celebrado este venres en Santiago, Quintana defendeu que "todos os xurídicos especializados na materia", así como o Consello Consultivo, concluíron que se trata dunha lei "perfectamente constitucional".

Neste sentido, recoñeceu que "a titularidade de dominio público terrestre, por suposto, é do Estado", pero as comunidades teñen "recoñecido no Estatuto a capacidade de ordenar ese litoral". "Así o recolle o Estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 23.7", especificou Quintana.

Ademais, reiterou que "todos os catedráticos e asesores da Xunta e o Consello Consultivo coinciden" coa Xunta en que non están "a invadir competencias". "Nunca foi nosa intención", insistiu a titular de Mar.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, preside o pleno do Consello Galego de Pesca.. XUNTA - XOÁN CRESPO
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, preside o pleno do Consello Galego de Pesca.. XUNTA - XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta