Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2023 | Actualizada ás 16:45
A Xunta de Galicia eliminou dous puntos de vertedura de augas residuais na parroquia de Santa Mariña de Esteiro, no municipio de Muros, e cara ao río Fondón na parroquia de Dena, no concello de Meaño.
Segundo explican nun comunicado, os técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspeccións rutineiras nas redes fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. O foco tiña a súa orixe nas verteduras dun edificio cara á rede de augas pluviais municipal.
O persoal da Xunta solicitou ao Concello un plan de actuacións para eliminar as achegas contaminantes, procedendo a Administración local á conexión das verteduras cara á rede de saneamento municipal.
Os técnicos da Xunta realizaron recentemente unha nova inspección á zona, verificando que as actuacións realizadas permitiron a emenda da vertedura.
FOCO RÍO FONDÓN
Doutra banda, no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Verteduras para o control e seguimento dos puntos de vertedura nos municipios da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, os técnicos identificaron a orixe do punto de vertedura nunha rede de pluviais da rúa Santa Lucía.
Os resultados analíticos das mostraxes tomadas polo persoal de Augas de Galicia do caudal evacuado a través da rede confirmaron a achega contaminante.
Ante a deficiencia observada, os técnicos comunicaron ao Concello a necesidade de adoptar as actuacións oportunidas para emendar ese foco, procedendo á reparación de varios pozos de rexistro da rede municipal.
Nunha recente inspección, os técnicos de Augas de Galicia confirmaron, mediante a revisión da rede de saneamento con trazador fluorescente e a correspondente analítica, que as actuacións executadas permitiron a emenda da vertedura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.