Rueda evita avaliar o soldo de 400.000 euros do presidente dos empresarios

"É unha decisión que se tomou na CEOE", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2023 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, evitou este venres avaliar o salario do presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi, á vez que criticou, co foco no Goberno central, a quen, baixo o seu punto de vista, "sempre están a tentar confrontar" e "dicir que uns son os bos e outros os malos" no canto de tirar de diálogo.

Así se pronunciou despois de transcender que a xunta directiva da CEOE acordou revisar a situación laboral de Garamendi para darlle de alta no Réxime Xeral cun contrato de alta dirección. O soldo por este contrato de alto directivo rolda os 400.000 euros anuais, o mesmo que tiña en 2021 máis unha subida salarial do 3%.

A preguntas dos medios en Santiago, Rueda rexeitou "meterse" en valoracións sobre os soldos. "É unha decisión que se tomou na CEOE e pódese ter unha opinión sobre se a contía é menor ou maior neste e outros moitos postos", argumentou.

A continuación, rexeitou entrar nunha discusión deste tipo nun contexto no que, ao seu modo de ver, é preciso que todos os axentes implicados --empresarios, sindicatos e gobernos-- "falen" para tratar de chegar a un acordo en cuestións como a alza de salarios e o pacto de rendas, co fin de dar "estabilidade e paz" a unha situación "difícil".

"Pódenlle gustar máis ou menos algunhas decisións, que seguro que do outro lado pasa o mesmo, pero estar sempre tentando confrontar e dicir que uns sempre son bos e outros malos non funciona e leva a unha situación de crispación e a perdernos decisións que serían moi beneficiosas para todos", resolveu.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta