Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2023 | Actualizada ás 13:20
A asociación de gandeiros Agromuralla alerta da posible perda de ingresos no sector e "complexidade" da nova Política Agrícola Común (PAC), que introduce unha "enorme carga burocrática" para solicitar e xustificar as axudas.
Nun comunicado, a entidade asegura que as gandarías terán que facer "moito máis para cobrar o mesmo", cambiar rutinas de traballo e sistemas de manexo e mesmo chegar a contratar un técnico para determinadas tarefas, como o abonado.
A falta de tres semanas para a apertura do prazo de solicitude da convocatoria da PAC, Agromuralla destaca que a Xunta crea "dúbidas, confusión e incerteza no sector" ao non aprobar aínda a normativa autonómica que regula a aplicación dunhas axudas que "non son realistas".
Unha situación que afecta as explotacións galegas que se atopan á espera, segundo este colectivo, sen saber a que axudas agroambientais acollerse ou como planificar os cultivos a puntar de arrincar a tempada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.