Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2023 | Actualizada ás 18:56
A dirección do Partido Popular na provincia da Coruña,encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, avalou este sábado a Xulio Cribeiro, que xa foi alcalde de Moeche, como candidato dos populares no Concello de Cedeira nas municipais do próximo mes maio. Nunha nota de prensa, os populares destacaron que Cribeiro "coñece á perfección as responsabilidades que ten afrontar o reto de liderar o Partido Popular de Cedeira".
Para o PP da Coruña, a chegada de Cribeiro supón o inicio de "unha nova etapa" na formación local tras o anuncio de Luís Rubido de abandonar a primeira liña municipal. "Creo que chegou o momento de ser valente, de dar un paso á fronte e porse ao choio para ofrecer aos veciños de Cedeira un proxecto que ilusione para o futuro", indicou o novo cabeza de lista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.