Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2023 | Actualizada ás 17:07
A Deputación da Coruña iniciou a obra da senda peonil de Centroña (Pontedeume), que se estenderá máis de 3 quilómetros, cun investimento de 1.108.202 euros e un prazo de execución de catro meses.
Segundo trasladou a institución nun comunicado, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, supervisaron o inicio das obras que conectará os núcleos eumeses de Ventosa, Vizus, O Portiño e Centroña.
Deste xeito, o obxectivo é mellorar a seguridade nunha estrada provincial -- DP 4803 --, que rexistra un elevado volume de tráfico diario, xa que conecta os concellos de Miño e Pontedeume pola costa e dá acceso a numerosas praias.
Fernández destacou que estas obras "suporán unha mellora para as persoas que se desprazan a pé pola zona e que ata agora tiñan que transitar pola estreita marxe da estrada".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.