Miranda pide unha reunión "urxente" á presidenta da Eurocámara pola súa expulsión de Israel

A eurodeputada apunta que estes feitos "son un precedente que non se pode repetir" e agradece o apoio recibido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2023 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG Ana Miranda explicou este venres que presentará unha serie de iniciativas, entre elas unha reunión urxente coa presidenta do Parlamento Europeo, despois de que Israel lle denegase este martes a entrada ao país cando formaba parte dunha delegación da Cámara europea que visita estes días os territorios palestinos.

Miranda destacou nunha rolda de prensa na sede do BNG en Santiago que "hai que pedirlle explicacións Israel, xa que non podo interferir nas decisións do Parlamento Europeo" e insistiu en que estes feitos "son un precedente que non se pode repetir".

Deste xeito, explicou que aínda que xa se presentaron algunhas iniciativas, entre os seguintes pasos están solicitar unha reunión urxente coa presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e enviar un comunicado ao departamento de relacións con Israel desta institución europea "para saber por que non defendeu a un dos seus membros".

Nesta liña, Miranda pedirá no pleno europeo levar a cabo "unha declaración de exercicio libre sen interferencias de terceiros países" e solicitará, tanto ao Parlamento Europeo como ao Executivo de Sánchez, "unha condena total a esta arbitrariedade que impide o exercicio dunha función internacional".

Así mesmo, puntualizou que a primeira declaración institucional en Galicia de apoio "aprobouse este venres en Rianxo" e puntualizou que "non é unha defensa do BNG, senón que a unha representante electa democraticamente do Parlamento Europeo".

Ademais, Miranda agradeceu "de forma emotiva, o apoio, agarimo, recoñecemento e solidariedade" tanto do seu propio partido, como de persoas particulares e institucións. Así, apuntou que "só faltou o apoio do Goberno galego".

A eurodeputada do BNG Ana Miranda este venres nunha rolda de prensa na sede do BNG en Santiago
A eurodeputada do BNG Ana Miranda este venres nunha rolda de prensa na sede do BNG en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta