Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2023 | Actualizada ás 16:43
A Xunta iniciará os traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-533, ao seu paso polo municipio ourensán da Gudiña, a próxima semana. Ademais, a administración autonómica informou de que continuarán na provincia de Ourense as tarefas de limpeza xa iniciadas na estrada OU-801, nos concellos de Padrenda e de Ribadavia.
Por outra banda, na provincia de Lugo, a Xunta continuará os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro; e na estrada LU-152, que conecta Foz e Ferreira de Valadouro.
Estas intervencións tamén proseguirán nas vías autonómicas da provincia da Coruña, concretamente na autovía AG-59, en Teo, mentres que na provincia de Pontevedra seguirán as tarefas iniciadas nas vías de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas, así como na VG-4.7, en Carril e Baión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.