Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 07/03/2023 | Actualizada ás 17:50
A ex vicepresidenta do Goberno e actual presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso, Carmen Calvo, recibirá o 'Galardón 8M Alvixe', concedido pola Asociación Alvixe de Loita contra a Violencia de Xénero de Ferrol.
Segundo trasladou a asociación nun comunicado, con este premio recoñecen o traballo realizado "polas mulleres a favor do feminismo, pola igualdade e a loita contra a violencia machista".
Deste xeito, Alvixe acordou por unanimidade a entrega deste galardón á ex vicepresidenta do Goberno por "a súa longa traxectoria no feminismo e na súa loita polos dereitos das mulleres".
Alvixe entregará este premio a Calvo o próximo día 12 de abril durante unha charla-comida na localidade, programada arredor das 15,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.