Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2023 | Actualizada ás 19:36
A película documental 'María Casares, a muller que viviu mil caras', dirixida por Xavier Villaverde, estrearase en cinemas este venres, día 10. Nela proponse, segundo os seus responsables, "unha achega íntima e profunda, a través de extractos das súas memorias, á vida da actriz María Casares".
"Unha figura cegadora, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX", sinalan sobre unha homenaxe á artista desde Galicia e España.
Trátase dun traballo producido pola empresa galega Agallas Films e a portuguesa Take 2000, coa participación de TVG, co apoio de Agadic, ICAA, Deputación e Concello da Coruña, Turismo da Coruña e Acción Cultural Española.
'María Casares, a muller que viviu mil vidas' foi seleccionada para a sección oficial, fóra de concurso, da SEMINCI, Semana Internacional de Cinema de Valladolid, e é finalista a Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo concedidos pola Academia Galega do Audiovisual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.