Incautan 100k de centola e acaban na asociación benéfica Remar

Tamén había bogavantes e un boi de mar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A Garda Civil incautou en Carballo 100 quilos de centola, dous bogavantes e un boi de mar que eran transportados de forma irregular.

En concreto, foi unha patrulla que estaba a facer un control de alcol e drogas a que realizou o achado. Ao parar un vehículo para realizarlle a proba, os axentes observaron que tiña un "comportamento nervioso", polo que examinaron a zona de carga do vehículo e localizaron varios capazos con centolas.

Os gardas civís solicitaron ao condutor a documentación que amparase o transporte desta mercadoría, ante o que achegou unicamente facturas dixitais que ía recibindo no terminal de telefonía móbil. Ante a dúbida de que a documentación achegada amparase o transporte legal do marisco, os efectivos actuantes solicitaron a presenza dunha patrulla do Seprona.

Tras personarse no lugar a patrulla, procederon a examinar os documentos achegados, certificando que a mercadoría carecía da documentación obrigatoria para o seu traslado. Por iso, os axentes incautaron o marisco, que foi entregado á Asociación benéfica de rehabilitación e reinserción Remar.

Centolas incautadas en Carballo pola Garda Civil.. GARDA CIVIL
Centolas incautadas en Carballo pola Garda Civil.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta