Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 13:39
O PPdeG volveu a reiterar este mércores ao Goberno central "a necesidade" de adoptar "canto antes medidas urxentes ante os continuos accidentes" en dúas autovías galegas, concretamente a A-52 e A-55.
Nun comunicado do PPdG, o senador do Grupo Parlamentario Popular por Pontevedra, Javier Guerra, lembrou que rexistrou o pasado mes de xaneiro no Senado unha batería de preguntas co obxectivo que "o Goberno actúe coa maior celeridade" para "evitar accidentes" e que "aínda non respondeu".
Guerra subliñou que o punto quilométrico 290 da A-52, á altura de Salvaterra do Miño, "segue sumando accidentes de tráfico" e detallou que "todos por saída de vía e posterior envorco ou impacto". Así, definiu o tramo como un "buraco negro".
Nesta liña, Guerra definiu como "inaudito" que o Ministerio de Transportes instalase unha barreira provisional e "dous meses despois siga sen acometerse a reforma necesaria".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.