Por admin | Ferrol | 16/03/2023
Para fomentar este último abríronme hai anos unha libreta de aforro na Caja Postal. A actual BBVA. A misma entidade que lle acaba de suprimir a meu pai a libreta física para ofrecerlle unha tarxeta “moito máis cómoda”. Pareceume un insulto. Unha falta de respecto. É indecente ofrecerlle a un nonaxenario unha tarxeta de plástico en vez da cartilla de toda a vida.
O banco empezou a cobrarlle a meus pais comisión de mantemento mentras pagaba 10,3 millóns de euros ó ex comisario Villarejo por espionaxes e outros conceptos máis noxentos aínda. Preguntei por estos temas na sucursal e me dixeron que esos gastos estaban así estipulados. Que cambiaran as condicións. E que oxalá houbera máis Villarejos pois todo funcionaría mellor.
Estábanme confirmando que gracias ó traballo de delincuentes o banco BBVA chegara a donde chegou.
Mentras miña nai agonizaba no hospital descontábanlle, por mantemento de conta, 40 € cada trimestre. Unha vía máis no seu brazo por donde lle subtraían 160 € ó ano. Paralelamente, o director do BBVA –Carlos Torres- se embolsaba ó ano 8,29 millóns de euros.
Seguro que na sociedade actual hai xente que ve a Villarejo e a Torres como triunfadores.
Como referentes a imitar. Tal vez deberiamos darlle outro enfoque. Que clase de vida levas si necesitas tantos cartos para vivila? Que triste debe ser necesitar 8,29 millóns de euros ó ano para ser feliz. Que pobreza ter que roubar nas contas das persoas máis humildes do teu país para poder conseguilos.
Francisco Maceira
Ferrol
A Coruña
DNI 32640763Z
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.