A Xunta gasta o triple en publicidade que en material de investigación na Axencia Galega de Calidade Alimentaria

Así consta nos pregos do concuro aos que tivo acceso Galicia Confidencial nos que se fixa en 1.400.000 millóns o diñeiro destinado ás campañas publicitarias fronte aos case 420.000 que son destinados para a subministración de equipos para laboratorios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/03/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia aposta por destinar inxentes cantidades de diñeiro público á publicidade e propaganda, antes que destinalos a máis investimento en investigación. Polo menos, así acontence na Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), un organismo da Xunta que destina máis do triple nun acordo marco para campañas de promoción dos produtos galegos de calidade que para a suministración de equipos de laboratorio para los centros de investigación dependentes deste centro.

Unha investigadora traballa nun laboratorio. UNIVERSIDADE DE VIGO
Unha investigadora traballa nun laboratorio. UNIVERSIDADE DE VIGO

 

Así consta nos pregos do concuro aos que tivo acceso Galicia Confidencial nos que se fixa en

1.400.000 millóns o diñeiro destinado ás campañas publicitarias fronte aos case 420.000 que son destinados para a subministración de equipos para laboratorios. De feito, o diñeiro á promoción publicitaria podería cuadriplicarse con respecto ao material para á investigación científica se a iso se lle engade outro concurso para os servizos de desenvolvemento das catas-concurso, publicidade e organización do acto de entrega de premios das Catas de Galicia 2023, que se eleva a case 211.000.

 

En total, máis de 1.61 millóns que contrastan con eses 420.000 euros destinados á investigación ou aos 641.000 euros que custa a fase II da obra del centro de promoción e imaxe de productos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia.

 

PROMOCIÓN

 

Pero semella que en ano electoral, á Xunta interesalle afinar máis o diñeiro en publicidade institucional. Por iso, eses 1,4 milóns irán para a selección dun provedor de servizos de promoción dos produtos agroalimentarios galegos de calidade diferenciada (denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas e producións ecolóxicas certificadas), a desenvolver

durante os anos 2023 e 2024, cun número máximo de catro campañas anuais.

 

O provedor seleccionado deberá planear unha estratexia e un plan de medios específico para cada campaña definida, incluíndo a execución e xustificación cuantitativa e cualitativa. A Xunta de Galicia seleccionará o importe de cadansúa e as datas de execución e proporcionaralle á empresa adxudicataria a creatividade pertinente e as adaptacións necesarias.

 

Deste xeito, os servizos a contratar serán o custe da estratexia, investigación, planificación, execución, xustificación e avaliación das campañas de Medios durante a vixencia do acordo marco e custe da adquisición de espazos publicitarios en todos os medios/soportes, que se

determinen.

 

INVESTIGACIÓN

Eses cartos contrastan cos 420.000 que irán para material científico necesario nas investigacións do AGACAL que conta con distintos laboratorios e centros de investigación espallados pola xeografía galega, entre eles, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña) - CIAM-, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro, Ourense) - EVEGA- e o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia en Mabegondo (A Coruña) -LAFIGA-.

Así, este diñeiro será para adquirir equipos técnicos, a súa instalación nos laboratorios e centros de investigación dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o mantemento dos equipos durante o período de garantía. Trátase dun analizador de carbono, nitróxeno e xofre en solos, lodos, foliares e materia orgánica, un espectroscopio de masas con plasma de axuste indutivo (ICP-MS), un espectroscopio de infravermello próximo (NIRS)

e un analizador de infravermello FTIR.

A Xunta xustifica este diñeiro porque, para "o correcto desempeño das súas competencias", estes centros precisan contar cun "equipamento analítico especializado en constante evolución". "Polo que, a efectos de superar a obsolescencia tecnolóxica, compre afrontar a adquisición de novos equipos", recolle o prego de condicións ao que tivo acceso Galicia Confidencial.

 

De feito, AGACAL destaca que a este procedemento chegouse logo doutra licitación dun procedemento de renting con compromiso de compra, con once lotes, dos que, "por distintas circunstancias", varios declaráronse desertos, "polo que as necesidades que pretendían cubrir, permanecen sen atención".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta