A Xunta descarta "contaminación" tras a rotura dunha balsa de áridos que acabou no Tambre

Di que "non é contaminante" e non afecta o abastecemento nin ás especies. Augas de Galicia seguirá realizando seguimento da situación namentres persista a turbidez

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2023 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia descarta "contaminación" tras a vertedura de áridos ao río Tambre logo da ruptura dunha balsa dunha canteira en Frades  este luns. Así, suliñou que non está a afectar ás especies nin ao abastecemento de auga dos concellos.

Fontes da Xunta apuntaron que Augas de Galicia segue facendo "seguimento continuo" desa vertedura e que os seus técnicos se desprazaron para facer unha inspección da balsa. Respecto diso, explicaron que a vertedura non contén carga metálica e está controlado, e que a empresa se comprometeu a resolver a incidencia "o máis axiña posible".

Tras avisar ao 112 para que comunicase a situación aos concellos afectados (pola captación de augas e para a adopción das medidas que fosen necesarias), os técnicos tomaron mostras do río para a súa análise. Con todo, "pola información de que a dispón ata agora Augas e Galicia", sinalaron desde a Consellería, a vertedura "non está a ter incidencia no abastecemento" dos municipios afectados e, á espera dos resultados do laboratorio, "non é contaminante".

Caudal do río Tambre ao seu paso por Ponte Maceira, en Negrerira / Concello de Ames. / Europa Press
Caudal do río Tambre ao seu paso por Ponte Maceira, en Negrerira / Concello de Ames. / Europa Press

ROTURA

A rotura da balsa de áridos dunha canteira na localidade coruñesa de Frades alcanzou o río Tambre, que presentou turbidez nas súas augas, polo que obrigou ás autoridades a activar mecanismos de protección.

Augas de Galicia tivo notificación a pasada noite do luns logo da rotura desta balsa, que chegou ao regacho Gaiteiro e alcanzou o río Tambre, segundo confirmaron fontes da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a Europa Press.

Así, durante a mañá deste martes técnicos da entidade realizaron unha inspección oficial á empresa, confirmando a rotura da balsa e a vertedura de áridos (sen carga metálica), que neses momentos estaba controlado e que a empresa se comprometeu a arranxar ao longo do día. Ademais, os técnicos tamén se desprazaron ata o Tambre para supervisar a afección ao río e tomaron mostras para analizar en laboratorio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta