Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2023 | Actualizada ás 14:28
Galicia pasou a ser a oitava autonomía coa taxa de absentismo laboral máis alta do país, ata situarse na comunidade galega no 6,9%, segundo un informe de Adecco. En concreto, creceu 0,4 puntos porcentuais.
A taxa de absentismo en España para o cuarto trimestre de 2022 é do 6,7%. "Esta cifra é practicamente a mesma que no trimestre anterior, só aumentou 0,02 puntos porcentuais e 0,1 puntos con respecto ao mesmo período do ano anterior", engade o informe.
No caso galego, a taxa de absentismo é agora a oitava máis alta do país (6,9%), "tras incrementarse 0,4 puntos porcentuais intertrimestrais, aínda que unha diminución de 0,2 puntos interanuais", precisa.
"Un trimestre atrás situábase tres lugares máis abaixo, coa sétima taxa máis baixa", explica o informe que sinala que "se nos centramos no absentismo por incapacidade temporal este é dun 5,3%, unha redución de apenas 0,04 no último ano". Industria e construción concentran a maior taxa de absentismo, seguida do sector servizos.
En canto á sinistralidade laboral, en España a incidencia sitúase en 225 accidentados por cada 100.000 traballadores en xornada de traballo (+1% interanual) e 36 in itinere (+5%). En canto á gravidade dos accidentes en xornada de traballo, o 99,2% son de carácter leve.
No caso de Galicia, a incidencia en xornada de traballo é de 214 accidentados e de 25 en itinere. En ambos os casos, precisa o estudo, reduciuse a incidencia un 15% no último ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.